Logo de la Asociación Amigos de Valle-Inclán. Vilanova de Arousa
Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán
  Medalla á Revista Cuadrante Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
web en castellano web en galego
 

A figura de Don Ramón del Valle-Inclán, no que se refire, sobre todo ó ciclo vital dos seus primeiros anos, orixinou un sinfín de debates, artígos periodísticos, etc.., que máis que aclarar definitivamente tódolos aspectos sombríos deixaban translucir, todavía máis, as interrogantes iniciais.

Se ben é certo que esa polémica xa estaba sobradamente superada nos ámbitos académicos e universitarios, non se pode dicilo mesmo a nivel popular que se deixaba influenciar, sobremaneira, pola opinión publicada máis accesible. É por elo que a finais de 1999, un grupo de vilanoveses, crean a Asociación Cultural "Amigos de Valle-Inclán", para o estudo e divulgación da vida e obra do escritor, cun primeiro obxetivo fundamental e prioritario nesta etapa inicial: poñer certa orde na biografía temperán de Don Ramón.

A investigación seria e rigurosa con escrupuloso respeto ás fontes históricas - arquivos eclesiásticos, civís e militares-, foron as ferramentas indispensables para que a luz da verdade despexase tódalas interrogantes existentes.

Para dar a coñecer esas investigacións poñense en marcha diversas publicacións: a revista Cuadrante, Apuntes do Cantillo e o Servizo de Publicacións.

estadisticas web
Sede Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán
Valle-Inclán
 
Asociación Cultural Amigos de Valle Inclán. Apdo. Correos nº 66, C.P. 36620, Vilanova de Arousa - Pontevedra