Logo de la Asociación Amigos de Valle-Inclán. Vilanova de Arousa
Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán
 

 

 

O ano 2002 foi moi significativo para a Asociación "Amigos de Valle-Inclán", pois supuxo o inicio do Servizo de Publicacións, que naceu cunha dobre finalidade:

1º- Recuperar obras antigas raras ou esgotadas, relacionadas dalgún xeito coa vida e obra de Don ramón, e dar a coñecer determinados aspectos na relación do dramaturgo vilanovés con Galicia, a través da publicación de estudos que recollan esta unión.

A publicación coa que se iniciou este proxecto, foi a reedición da obra "Escenas Gallegas", orixinal de Carlos de Valle-Inclán, irmán maior de Ramón, logrado no ano 2002.

Este libro componse de relatos costumistas (ambientados na Ría de Arousa), tivo unha única edición no ano 1894 que realizouse na imprenta de D. Xosé Eiras.

Tres anos antes (1891), fora galardoado pola Excma. Diputación de Pontevedra, nun certame patrocinado por Eduardo Vicenti.

Esta obra, que era moi pouco coñecida, fai un percorrido por aquelas terras galegas, que mais marca deixaron no seo familiar da familia Valle-Peña.

As 150 páxinas, dividense en 12 esceas costumistas, que recollen aspectos da vida e da sociedade do seculo XIX na Ría de Arousa e Santiago de Compostela, con interesantes datos sobre o folclore e as festas mais populares.

Según os estudosos, este libro de Carlos del Valle-Inclán, tivo unha grande influencia nalgunhas das obras de D. Ramón, que desenrola moitos aspectos que aparecen en "Escenas Gallegas".

Escenas Gallegas. Carlos del Valle-Inclán
El arte del elogio. Javier Serrano

 

2º.- Outro dos proxectos era editar libros de ensaio e investigación sobre a obra de D. Ramón Mª del Valle-Inclán.

No ano 2004, publicamos o libro do mestre Xabier Serrano, titulado: "El arte del elogio. Eduardo Gómez Baquero, Andrenio, lector ideal de Ramón del Valle-Inclán".

Actualmente tentamos consolidar esta vertixinosa actividade "intelectual" e editorial, que non leva implícito un mínimo desafogo económico. Sempre estivo en total dependencia de puntuais axudas de publicidade de empresas comarcais ou de institucións como o Concello de Vilanova de Arousa ou a Diputación de Pontevedra.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Asociación Cultural Amigos de Valle Inclán. Apdo. Correos nº 66, C.P. 36620, Vilanova de Arousa - Pontevedra