Apoiada
únicamente coa publicidade de tres empresas
comarcais ( Constructora
Rodriguez Paz, S.L., Allianz Seguros e Vilanova
Peña, C.B.) e unha pequena e puntual subvención
da Diputación Provincial de Pontevedra e do
Concello de Vilanova de Arousa, editouse o número
0 no mes de xaneiro do ano 2000. Neste número
apareceron por primeira vez e de xeito ordeado-, unha
serie de documentos como a partida de nacemento, que
constataba que a casa onde naceu era a familiar do
"Cantillo", e outros documentos significativos
como o da chamada a filas, as calificacións
académicas, o acta matrimonial entre outros,
reseñados e estudados en varios artigos, imprescindibles
para a elaboración dunha biografía seria
e documentada que redima dos mitos e pantasmas que
invaden tantas pseudobiografías escritas ata
o día de hoxe.
|
|
|
Medalla
de la A.D.E., año 2006
A Xunta
Directiva da Asociación
de Directores de Escea de España,
na sua reunión do 3 de marzo de 2006,
tomou a decisión de concedela Medalla
da A.D.E. á Revista Cuadrante, "por
su tenaz y valiosa contribución a los
estudios en torno a Valle-Inclán, una
de las figuras más relevantes de la literatura
dramática contemporánea." |
A
Revista Cuadrante faise cunha tirada de 1.500 exemplares
que distribúense entre os socios e suscriptores,
e envíase a 48 universidades españolas:
Huelva, Almería, Málaga,
Madrid, Navarra, Zaragoza,
Lleida, León, Salamanca,
Deusto, a Universidade Pontificia de
Comillas..., chegando a traspasalas nosas fronteiras,
reciben a nosa publicación en Dublín
(Trinity College), Polonia (Institute Iberoamericano),
Alemania (Instituto Iberoamericano de Berlín),
Italia (Universitá degli Studi di
Milano) e nos Estados Unidos, onde profesan
grande interese pola nosa revista, en Colorado
(University of Colorado at Boulder), Pennsylvania
(State University),...
SUMARIOS
REVISTAS PUBLICADAS. Pinchar para ollalos
sumarios. (A revista nº
0,
nº 1
e nº 2,
pódense descargar dun xeito gratuíto.)
| Participan na
sua elaboración nomes importantes dentro
da Cultura Galega: |
|
Así como
outros prestixiosos valleinclanistas doutros lugares
de España: |
| - D.
Xosé Ramón Barreiro,
Presidente da Real Academia Galega da Lingua. |
- Dña.
Josefa Bauló,
Universidade Autónoma de Barcelona. |
| - D. X.L. Axeitos,
Investigador, profesor da Universidade de Santiago
de Compostela e membro da Real Academia Galega
da Lingua. |
- D. García
Velasco, Director da Residencia
de Estudiantes de Madrid. |
| - D. Darío
Villanueva, Ex-rector da Universidade
de Santiago de Compostela. |
- D. José
Monleón, Director da Revista
"Primer Acto". |
| |
- D. Juan A. Hormigón,
Director da Revista A.D.E. |
| |
- D. Anthony Zahareas,
entre outros. |
|